garrote

< fr garrot
Plural: garrotes
  1. s m
    1. Pau curto que se utiliza para retorcer unha corda, cadea ou calquera outra cousa, co fin de tensala.
    2. MAR Panca coa que se lle dá volta á trinca dun cabo.
  2. s m DER Colar de ferro que se pode apertar a vontade por medio dun parafuso, e que se emprega para executar os condenados á pena capital.

Citas

  • Co pano da cabeza e un garrote fixéronlle un torniquete para parar a hemorraxia