gardenia

< antropónimo Garden, botánico escocés 1730-1791
Nome científico: Gardenia augusta Plural: gardenias
  1. s f BOT Arbusto perennifolio, da familia das rubiáceas, de follas opostas, lanceoladas e brillantes con flores solitarias, brancas e moi olorosas. É moi apreciada en xardinaría e floricultura.