adxRelativo ou pertencente ao pobo ganda ou á súa lingua.
s[ETN/HIST]Individuo do pobo ganda.
sm pl[ETN/HIST]Pobo africano que habita ao N do lago Vitoria. A súa economía baséase na agricultura e conserva aínda unha organización social de base feudal.
sm[LING]Lingua bantú que se fala en Uganda e Tanzania. Utiliza o alfabeto latino e a súa primeira gramática data de 1882. OBS: Tamén se denomina luganda.