gamma

< gr γάμμα
Plural: gammas
  1. distribución gamma MAT Lei de probabilidade da variable continua x, que ten como función de densidade f(x)=e -x x k-1 /Γ(k), onde 0<x<∞ e k>0.
  2. s m
    1. LING Nome da terceira letra do alfabeto grego <γ >, en minúscula, e <Γ>, en maiúscula. Como signo numérico equivale a 3 (γ’) ou ben a 3.000 (,γ).
    2. ASTRON Símbolo que se emprega para designar a terceira estrela máis brillante dunha constelación.
    3. MAT Símbolo que se emprega para designar un ángulo.
    4. METROL Unidade de masa que se emprena na medida de masas de vitaminas que equivale a 0,001 mg.
    5. QUÍM Símbolo que se utiliza como prefixo co que se designa, no naftaleno, a posición 3 ou, en xeral, a posición seguinte á beta na nomenclatura orgánica non sistemática.
  3. función gamma MAT Función definida pola fórmula Γ(x)=∫ 0t (x-1) e -t dt, onde, se se considera Γ real, x ten que ser real e maior que cero.
  4. raio gamma FÍS Radiación electromagnética que se emite na desexcitación de determinados núcleos radioactivos. Os fotóns que a constitúen son dunha frecuencia superior á dos raios X.