galo -la

< lat Gallu
Plural: galos Masculino: galo Masculino plural: galos Feminino: gala Feminino plural: galas
    1. adx Relativo ou pertencente a Francia ou aos seus habitantes.
    2. s Natural ou habitante de Francia.
    1. adx Relativo ou pertencente á Galia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
    2. s Natural ou habitante da Galia.
  1. ETN/HIST
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo galo.
    2. s Individuo do pobo galo.
    3. s m pl Pobo celta de orixe indoeuropea que se estendeu no territorio comprendido entre o val do Po, no N de Italia e os Pireneos, ata a Bélxica actual. Foron sometidos paulatinamente polo Imperio Romano.
  2. s m LING Lingua do grupo continental das linguas celtas xa desaparecida. Documéntase a partir do s III a C en inscricións en alfabeto grego e latino.

Citas

  • O primeiro ministro galo presidiu a reunión