galla

Plural: gallas
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo galla ou á súa lingua.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo galla.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo etíope que habita no macizo central de Etiopia. Adoptaron unha forma de vida sedentaria e a súa economía baseouse na agricultura. A súa relixión mestura elementos musulmáns e ritos pagáns.
  4. s m LING Lingua cuxita que fala o pobo galla.