galego -ga

Plural: galegos Masculino: galego Masculino plural: galegos Feminino: galega Feminino plural: galegas
  1. adx Relativo ou pertencente a Galicia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
  2. s Natural ou habitante de Galicia.
  3. s m LING Lingua románica que se fala na actual Galicia administrativa e nas comarcas estremeiras da Terra Eo-Navia (Asturias), Os Ancares Orientais e O Bierzo Occidental (León) e As Portelas (Zamora), ademais do grupo dialectal que se fala en Cáceres e que comprende os falares de San Martín de Trevejo, Eljas e Valverde del Fresno.