galaxia

< lat galaxĭa gr γαλαξίας ‘lácteo’
Plural: galaxias
  1. s f ASTRON Cada unha das agrupacións de estrelas que, vistas co telescopio, presentan un aspecto brillante, nebuloso e xeralmente aplanado. Por mor das inmensas distancias que separan a Terra das galaxias, é case imposible distinguir algunha estrela individual.
  2. s f ASTRON vía láctea.
  3. galaxia anana ASTRON Galaxia que ten unha masa cen mil veces menor ca a da Vía Láctea.