gaivota

< lat gavĭa
Plural: gaivotas
  1. s f Ave mariña, da familia dos láridos. Xeralmente de tons cincentos no dorso e brancos no ventre nos adultos, nos máis novos e inmaduros a plumaxe é habitualmente parda. Son especies de hábitos costeiros.
  2. gaivota biquistreita ANIMAL/ORNIT Ave similar á gaivota chorona, con bico longo e estreito. Non presenta a cabeza negra no verán.
  3. gaivota cabecinegra ANIMAL/ORNIT Ave que presenta cola e puntas das ás brancas, cabeza negra no verán, e cun antiface negro no inverno, peteiro e patas encarnadas.
  4. gaivota chorona ANIMAL/ORNIT Ave co bordo exterior das ás branco, patas e peteiro vermellos, cabeza marrón no verán e branca con dúas manchas escuras no inverno.
  5. gaivota escura ANIMAL/ORNIT Gaivota, con dorso e ás escuras, cabeza e cola brancas, e patas rosas.
  6. gaivota papoia ANIMAL/ORNIT Ave que ten a punta das ás negras cunha mouta branca no bordo das ás, cola e partes inferiores brancas. Peteiro amarelo e patas verdosas.
  7. gaivota patiamarela ANIMAL/ORNIT Gaivota, co corpo robusto, ás gris claro, coas puntas negras, cabeza e cola brancas, patas amarelas, e peteiro amarelo cunha mouta vermella na punta.
  8. gaivota pequena ANIMAL/ORNIT Ave que posúe ás cunha franxa estreita branca no bordo, mancha auricular negra e parte superior da cabeza e do pescozo escuros, negros no verán, peteiro negro e patas rosas.
  9. gaivota tridáctila ANIMAL/ORNIT Ave cunha franxa negra desde o extremo das ás, que son brancas ao igual que a  cola que é lixeiramente gallada e que ten unha franxa negra no extremo. Peteiro fino amarelo e patas negras.

Refráns

  • Cando a gaivota anda á gravisela, mal para nós e fame para ela.

Palabras veciñas