gadiforme

< lat científico Gadus
Plural: gadiformes
  1. adx Relativo ou pertencente aos gadiformes.
  2. s m ANIMAL/ICT Peixe da orde dos gadiformes.
  3. s m pl ANIMAL/ICT Orde de peixes actinopterixios de corpo alongado, escamas cicloides e aletas de raios brandos. Inclúe sobre todo formas de augas profundas, de alta mar e de hábitos depredadores, cunha grande importancia económica, entre as que destacan o bacallau e a pescada.