gabián

Plural: gabiáns
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave rapaz, da familia dos acipítridos, de ás curtas e redondeadas, e cola longa, e teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.
  2. s m BOT Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado que se agarra a calquera soporte e se enrosca en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.

Formas incorrectas

gavilán

Palabras veciñas