fuga

< lat fuga
Plural: fugas
  1. s f Acción de fuxir.
  2. s f FÍS Derivación da corrente provocada por un illamento defectuoso ou por efectos externos nun illante, nun circuíto ou nunha instalación.
  3. s f TECNOL Acción de escapar un gas ou un líquido dun recipiente.
  4. s f MÚS Forma musical contrapuntística monotemática, de desenvolvemento complexo e baseada na imitación do tema, cuxos precedentes formais foron o canon, a caccia e o ricercare.

Sinónimos

Confrontacións

Palabras veciñas