frota

Plural: frotas
  1. s f MAR
    1. Conxunto de barcos de guerra, pesqueiros e mercantes dun Estado ou dun mesmo armador.
    2. Conxunto de embarcacións dunha mesma provincia marítima.
    3. Conxunto de embarcacións que navegan nas mesmas augas ou desenvolven unha mesma actividade.
  2. s f BÉL Unidade estratéxica constituída pola reunión de diferentes escuadras concentradas para realizar unha misión principal.
  3. s f p ext TRANSP Conxunto de vehículos da mesma clase, como avións ou camións, que pertencen a unha empresa ou país.

Formas incorrectas

flota

Palabras veciñas