frecha

< fr flèche
Plural: frechas
  1. s f BÉL Arma ofensiva que consiste nunha hasta delgada, normalmente de madeira, á que se lle afía un dos extremos, ou se lle engade unha punta de ferro afiada, e unhas aletas no outro.
  2. s f
    1. Calquera obxecto en forma de frecha.
    2. Sinal semellante a unha frecha ou a unha cabeza de frecha, usado sobre todo para indicar unha dirección.
  3. s f
    1. Obxecto que se alza formando punta.
    2. ARQUIT Elemento arquitectónico, característico do gótico, que se trata dunha torre de forma cónica ou ben piramidal, coa base cadrada, hexagonal ou octogonal.
    3. ARQUIT Altura dun arco ou dunha bóveda desde a liña de arranque ata a clave.
    4. ARQUIT Tellado piramidal que está moi elevado respecto das dimensións das súas bases.
  4. s f AERON Ángulo que forma a liña que une os puntos das cordas dos perfís dunha á situada a un 25% do ángulo de ataque co plano de simetría do avión.
  5. s f
    1. MAT Segmento que, nun arco de curva AB, une o centro do arco AB co centro da corda
    2. TECNOL Distancia entre o punto da máxima deformación dunha viga sometida a flexión e o lugar que ocuparía teoricamente o mesmo punto se non houbera deformación.
  6. frecha astronómica METROL Instrumento utilizado na Antigüidade para medir a altura dos astros.
  7. frecha litoral XEOG Tipo de cordón litoral formado pola acumulación de material detrítico, que descansa sobre un saínte da costa ou sobre unha illa.

Sinónimos

Palabras veciñas