fraternidade

< lat fraternĭtāte
Plural: fraternidades
  1. s f Unión, entendemento e cariño entre irmáns ou entre os que se tratan como tales.
  2. s f RELIX Asociación relixiosa creada ao redor dunha igrexa, santuario ou comunidade monástica para facer participar os seus membros, laicos ou relixiosos, dos seus bens espirituais e temporais.
  3. s f HIST Relación que existe entre aquelas persoas que están colectivamente comprometidas nun proxecto común.
  4. fraternidade de armas HIST
    1. ínculo que se establecía entre dous cabaleiros, ás veces solemnizado cunha cerimonia relixiosa, polo que se xuraban defensa mutua, o reparto do botín e fidelidade recíproca.
    2. p ext Relación que une os que combateron xuntos por unha mesma causa.

Confrontacións

Citas

  • Sería marabilloso poder alcanzar a fraternidade e a igualdade entre todos os países, Esta vila é un claro testemuño de fraternidade

Palabras veciñas