sfAcción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.
sfDivisión ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.
alternancia irregularAlternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.
alternancia libreAlternancia, propia das explotacións moi intensivas, practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa.
BOT
sfDisposición de cada unha das pezas dun verticilo nos espazos existentes entre as pezas do verticilo inmediato.
lei de alternanciaLei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles.
alternancia de xeraciónsBIOLFenómeno polo que o ciclo biolóxico completo dunha especie comprende dúas xeracións, unha sexual e outra asexual.
sfESTRATIGAcción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente.
sfFÍSSemiperíodo dun fenómeno alterno durante o que non cambia o signo da magnitude que o caracteriza.
LING
sfCada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.
Fenómeno morfolóxico que consiste na permutación de elementos fonolóxicos en palabras que pertencen á serie, grupo ou categoría morfosintáctica.
sfLITRegra da versificación francesa clásica fixada pola Pléiade, que consiste na correlación de rimas masculinas e femininas que se presentan en pareados (aabb), en disposición cruzada (abab) ou en distribución redobrada (aabab).
alternancia de códigosLINGSituación lingüística que consiste en empregar un código A nun contexto e un código B, no outro, escollidos dependendo das relacións de poder que existen entre os diferentes grupos sociais da comunidade lingüística.
Citas
A alternancia de partidos foi unha solución para a gobernabilidade