franquía

< 2 franco
Plural: franquías
  1. s f DER
    1. Exención do pagamento de certos dereitos ou servizos públicos.
    2. Tanto por cento sobre o valor dos efectos asegurados ou cantidade fixa, nunha aseguradora, a partir da que comeza a contar a responsabilidade do asegurador.
  2. s f ECON Contrato establecido entre dúas empresas, polo que a franqueadora concede á franqueada o dereito a fabricar ou utilizar unha marca comercial, a cambio dunha compensación económica.
  3. HIST
    1. s f Privilexio ou exención de carácter político, económico ou xurídico que tiñan os habitantes dun lugar, vila ou comarca durante a Idade Media concedida polo soberano ou señor xurisdicional.
    2. s f Territorio ou localidade que gozaba da condición de franquía.
    3. carta de franquía Documento medieval en que se recollía a concesión efectuada polo soberano ou señor xuridisccional aos habitantes dalgunha vila, lugar ou comarca e onde se recoñecía un determinado estatuto xurídico, unhas garantías de liberdade civil e política ou a exención de cargas e tributos.

Citas

  • Asegurei o coche a todo risco cunha franquía de 300 euros
  • Os importadores piden a anulación da franquía para paliar a crise que sofre o sector

Palabras veciñas