franco -ca

Plural: francos Masculino: franco Masculino plural: francos Feminino: franca Feminino plural: francas
  1. HIST
    1. adx Relativo ou pertencente aos francos.
    2. s Individuo do pobo xermánico dos francos.
    3. s m pl Pobo xermánico constituído pola agrupación de diversas poboacións do Rin inferior, camavios, brúcteos, ampsivarios, catos e sicambrios, que penetraron dun xeito pacífico e gradual na Galia.
  2. adx Aplícase ao nome con que os gregos designaban os croatas e expedicionarios latinos a Grecia e ao Oriente. Tm s.
    1. adx Que está exento de cargas ou do pagamento de taxas ou impostos.
    2. porto franco Porto en que se poden descargar e almacenarse as mercadorías sen pagar impostos e dereitos de aduanas.
    3. zona franca Área dedicada á actividade industrial ou comercial que se beneficia de certas exencións de impostos e dereitos de aduanas.
  3. adx Que non ten obstáculos e permite o paso libremente.
  4. adx Que é sincero e expresa abertamente o que sente ou pensa.
  5. adx Que se presenta de forma clara e patente e non ofrece dúbida.
  6. piso franco Piso usado de forma clandestina para actividades ilegais, xeralmente polos membros dunha banda terrorista.