fosforilación

< fosforilar
Plural: fosforilacións
  1. s f BIOQ Incorporación dun grupo fosfato a un composto orgánico.
  2. fosforilación fotosintética BIOQ Reacción que ten lugar na fotosíntese en que o fósforo inorgánico se fixa a unha molécula de ADP para a formación de ATP, coa utilización de enerxía luminosa. OBS: Tamén se denomina de fotofosforilación.
  3. fosforilación oxidativa BIOQ Reacción da respiración aerobia, que ten lugar nas mitocondrias, en que se produce a fosforilación do ADP a ATP.