fosa

< lat fossa
Plural: fosas
    1. s f Cavidade fonda que se escava na terra.
    2. s f Cavidade que se fai na terra para enterrar os mortos.
    3. fosa común Lugar que se utiliza para enterrar os mortos que non teñen nicho ou terreo de seu.
    4. fosa séptica CONSTR Fosa pequena situada baixo terra que serve como déposito das augas fecais para que fermenten e se convertan en líquido antes de chegar ao pozo negro ou ao sumidoiro.
  1. ZOOL
    1. s f Cavidade do corpo dun animal que ten unha entrada máis ampla ca o fondo da mesma.
    2. fosa nasal Cavidade anfractuosa que se situa baixo o cranio e enriba da cavidade bucal, da que se separa polo padal.
    3. fosa navicular Expansión da uretra no glande.
    4. fosa orbicular Cavidade que se sitúa a un lado das fosas nasais onde se atopan os ollos.
  2. s f ANAT Depresión que teñen algúns ósos na súa superficie.
  3. XEOL
    1. s f Depresión ou afundimento, especialmente de gran profundidade.
    2. fosa mariña Cavidade máis profunda dos fondos mariños.

Sinónimos

Citas

  • Cavaron unha fosa no medio do xardín para facer o estanque
  • Nesa fosa está enterrado meu curmán