BOT p (p-a) (p-b) (p-c)Ex: As fórmulas tradicionais xa non están de moda, É mellor que utilices unha fórmula de despedida máis respectuosa Ex: O mago dixo unha fórmula máxica para desenfeitizala Ex: Non hai unha fórmula para poder acabar coa fame Ex: Ninguén coñece a fórmula dese refresco de cola Ex: Esa é a fórmula para calcular a área do rectángulo
sfForma establecida ou convencional para expresar ou realizar algo.
DER/HIST
sfForma establecida ou usual para redactar un documento.
fórmula notarialEsquema empregado polos notarios como base de redacción dun documento.
sfForma ou medio de solucionar un problema.
sfRelación ou lista dos compoñentes de algo.
sfMEDPrescrición que lle fai o médico ao enfermo sobre os medicamentos que debe tomar e a forma de administralos.
fórmula farmacéuticaMEDFórmula dun medicamento que comprende produtos activos e excipientes e que debe seguirse na preparación do medicamento para proporcionarlle a composición adecuada.
fórmula maxistralMEDComposición medicamentosa, establecida polo médico, onde as distintas doses están establecidas na receita.
fórmula oficinalMEDPreparado farmacéutico que resulta da mestura de diferentes substancias medicinais que teñen unha composición fixada pola farmacopea.
sf
Expresión que resume de xeito preciso unha lei ou un feito científico mediante signos.
MAT/FÍSExpresión dunha relación que se establece entre diferentes cantidades e magnitudes mediante símbolos.
QUÍMExpresión gráfica que amosa a constitución e estrutura dunha especie química.
sfDEPRegulamentación técnica que a Federación Internacional do Automóbil estableceu para as carreiras en circuítos de velocidade.
fórmula citolóxicaBIOLProporción respectiva dos distintos elementos celulares que aparecen contidos nun líquido orgánico normal ou patolóxico.
fórmula de HerónMATFórmula para calcular a área dun triángulo a partir, unicamente, dos seus lados a,b,c.
fórmula floralConxunto de iniciais, cifras e signos que indican esquematicamente a estrutura básica dunha flor.
fórmula leucocitariaProporción e número respectivo dos diversos tipos de glóbulos brancos do sangue.
Citas
As fórmulas tradicionais xa non están de moda, É mellor que utilices unha fórmula de despedida máis respectuosa
Esa é a fórmula para calcular a área do rectángulo
Ninguén coñece a fórmula dese refresco de cola
Non hai unha fórmula para poder acabar coa fame
O mago dixo unha fórmula máxica para desenfeitizala