formiga

< lat formica
Plural: formigas
  1. s f ANIMAL Insecto, da orde dos himenópteros, que se caracteriza por presentar o corpo aparentemente dividido en cabeza, mesosoma, pecíolo e gastro. Viven socialmente en colonias formadas por femias estériles obreiras ou soldados, femias fértiles ou raíñas e machos.
  2. formiga león ANIMAL/ENTOM Larva dalgúns neurópteros que fabrican un pequeno buraco cónico en solos areosos onde se enterran á espera de que nel caian pequenos insectos.

Refráns

  • Cada formiga ten a súa irra.
  • Cando a formiga se quere perder, ás novas lle queren nacer.