formato

< fr format
Plural: formatos
  1. s m
    1. BIBLIOT/GRÁF Medida dun libro, revista ou xornal que depende das dimensións das follas de papel enteiro ou pregado que compoñen os cadernos.
    2. BIBLIOT Estrutura interna que se lle dá á información documental, dependendo do código de catalogación que se empregue.
  2. s m INFORM Descrición específica do tipo, lonxitude e disposición de cada elemento que pertence a unha secuencia de datos.

Citas

  • Ese cadro ten un formato moi grande para esa parede