forca

< lat furca
Plural: forcas
  1. s f DER
    1. Instrumento de madeira, composto por dous paus cravados no chan ou sobre unha tarima, con outro pau a xeito de traveseiro na parte superior, dos que pendura unha corda cun lazo, coa que se aforca ao reo.
    2. Pau con dúas puntas e un traveseiro que se axustaba ao pescozo do reo ao que se lle quería causar afrenta.
  2. s f forcanza.
  3. s f XEOG Paso estreito entre montes.
  4. s f PESCA Aparello onde se poñían a secar as redes.

Refráns

  • A forca, para o seu dono.
  • Non lembres a forca na casa do aforeado.
  • Para os desgraciados fíxose a forca.