sfLugar por onde sae ao exterior a auga que está baixo terra.
sfCONSTR/ARTEConstrución formada por un muro de pedra onde vai metido un cano.
sfCausa ou orixe dunha cousa.
sfLugar, medio ou persoa que proporciona certa información ou inspiración.
sfBIBLIOTDocumento de información orixinal e fiable ao que se recorre para saber algo sobre calquera tema.
fonte documental BIBLIOTBIBLIOTEntidade ou organismo que despois de elaborar a información facilita a súa consulta a través dun banco de datos.
sfPrato grande que se emprega para servir a comida.
sfPATúlceravaricosa.
FÍS
sfElemento, corpo, dispositivo ou sistema que transmite algún tipo de partículas ou de enerxía.
sfElectrodo dun transistor de efecto de campo.
fonte de correnteDispositivo capaz de proporcionar unha corrente independente da tensión entre os seus terminais, se é unha fonte ideal de corrente, ou aproximadamente independente, se é unha fonte real de corrente.
fonte de tensiónDispositivo capaz de abastecer entre os seus terminais unha tensión independente da corrente que o atravesa, se é unha fonte ideal de tensión, ou aproximadamente independente, se é unha fonte real de tensión.