fonografía

< fono- + -grafía
Plural: fonografías
  1. s f LING Descrición da voz humana, dos sons da lingua, con referencia especial á representación fonética.
  2. s f LING Método empregado a finais do s XIX para investigar as características fonéticas físicas impresas no suco dunha gravación discográfica.