adxRelativo ou pertencente aos Alpes ou ás montañas elevadas.
ANTROP/FISIO
adxRelativo ou pertencente ao grupo humano alpino ou aos individuos que o compoñen.
smIndividuo do grupo humano alpino.
grupo humano alpinoGrupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa Central e Francia.
adxRelativo ou pertencente ao piso alpino.
sm plXEOLConxuntos montañosos erguidos durante o ciclo oroxénico alpino.
ciclo alpinoXEOLCiclo oroxénico que abrangue os movementos oroxénicos producidos ao longo dos últimos 225 millóns de anos da historia da Terra, durante as eras Secundaria e Terciaria.
estilo alpinoXEOLEstilo tectónico baseado nun manto de corremento, encabalgamentos e dobramentos.
piso alpinoXEOG/BOTPiso propio das altas montañas caracterizado polo predominio dos prados e a ausencia de árbores.