sfANIMAL/ORNITAve insectívora dos xéneros Acrocephalus,Hippolais e Locustella, da familia dos sílvidos, de plumaxes semellantes nos dous sexos e de cores máis ou menos uniformes e crípticas, que emiten cantos moi ricos e complexos en alta frecuencia.
folosa amarelaANIMAL/ORNITAve migratoria coas partes superiores de cor verde olivácea e as inferiores amarelas. Na cabeza presenta unha lista supraocular de cor amarela.
folosa das xunqueirasANIMAL/ORNITAve migratoria coas partes superiores de cor castaña, riscada de negro e coas partes inferiores brancas amareladas. Na cabeza conta cunha lista supraocular branca enmarcada de negro.
folosa dos carrizosANIMAL/ORNITAve coas partes superiores de cor castaña olivácea e as inferiores brancas.
folosa encapuchadaANIMAL/ORNITAve coas partes superiores de cor castaña arrubiada, riscada de negro e coas partes inferiores brancas amareladas. A parte superior da cabeza é de cor castaña escura e conta cunha lista supraocular branca.
folosa grandeANIMAL/ORNITAve migratoria coas partes superiores de cor castaña escura e inferiores brancas arrubiadas.
folosa pálidaANIMAL/ORNITAve migratoria que presenta as partes superiores de cor castaña cinsenta, as inferiores brancas cremosas e o papo branco.
folosa pintadaANIMAL/ORNITAve coas partes superiores de cor castaña listadas de negro de xeito lonxitudinal e as inferiores amareladas.
folosa unicolorANIMAL/ORNITAve migratoria transahariana que presenta as partes superiores de cor castaña arrubiada, as inferiores brancas cremosas e a gorxa e o papo brancos.