smBOTFroito seco, polispérmico, monocarpelar e dehiscente que se abre segundo a liña de sutura ventral.
smCripta ou cavidade pequena da pel ou das mucosas, xeralmente de función secretora.
folículo pilosoFolículo de forma tubular que contén a raíz do pelo e no que verten o seu contido as glándulas sebáceas. Existen en toda a superficie cutánea dos mamíferos, agás na palma das mans e na planta dos pés.
folículo primitivoFolículo de De Graaf non maduro, en proceso de desenvolvemento.
folículo sebáceoBIOQglándulasebácea.
folículo tuberculosoLesión anatomicopatolóxica típica que produce o bacilo de Koch nos tecidos.