floco

< lat flŏccu
Plural: flocos
  1. s m Adorno de pasamanaría composto por un conxunto de fíos ou cordóns colgantes.
  2. s m Fíos que se desprenden do bordo dunha tea desgastada polo uso.
  3. s m Pelo recortado que cae sobre a fronte.
  4. ALIM
    1. s m Grumo ou coágulo conseguido a partir de cereais que se cocen ao vapor e se torran, para que queden dourados, lixeiros e crocantes.
    2. flocos de millo Graos de millo abertos, normalmente por medio dun proceso de torrado, aos que se lles engade sal.

Citas

  • Mercou esta camisa hai un mes e xa ten flocos polas bastas
  • O perruqueiro deixoulle o floco demasiado pequeno
  • Regaleille unha saia de flocos polo seu aniversario