flexión

< lat flexĭōne
Plural: flexións
  1. s f Acción e efecto de dobrar ou dobrarse.
  2. s f DEP Exercicio ximnástico que consiste na extensión e repregamento dalgunha articulación co obxectivo de traballar a musculatura que intervén nese movemento.
  3. s f LING ariación paradigmática que, nas linguas flexionais, afecta á forma de determinadas palabras para marcar a súa función e as relacións que manteñen con outras palabras copresentes no enunciado. Chámase declinación á flexión nominal e conxugación á flexión verbal.
  4. s f XEOL Dobramento das capas xeolóxicas debido a presións tectónicas, sen que estas cheguen a producir ruptura.
  5. s f FÍS
    1. Acción á que se somete un corpo elástico que se dobra polo efecto do seu peso ou de cargas externas.
    2. Dobramento dun corpo flexible baixo a acción de forzas externas ou do seu propio peso.
  6. ensaio de flexión TECNOL Ensaio ao que se somete unha viga para calcular a frecha producida por unha carga determinada.
  7. flexión uterina FISIOL Inclinación do corpo do útero respecto ao colo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].