flanco

< fr flanc
Plural: flancos
  1. s m ANAT Cada unha das partes laterais do tronco ou do corpo dun animal.
  2. s
    1. p ext Cada unha das partes laterais dunha cousa.
    2. XEOG Parte dun dobramento a cada un dos lados da bisagra.
    3. MAR Cada un dos costados ou bordos dunha nave.
    4. BÉL Parte lateral dunha formación militar.
    5. TECNOL Superficie lateral do dente dunha engrenaxe.
  3. s m BÉL
    1. Parte do baluarte que forma ángulo coa cortina.
    2. Cada un dos muros que unen o recinto fortificado coas caras dun baluarte.

Confrontacións