fisípede

< lat fissĭpĕde
Plural: fisípedes
  1. adx ZOOL Aplícase ao animal que ten os dedos separados na base. Tm s.
  2. ANIMAL
    1. adx Relativo ou pertencente aos fisípedes.
    2. s m Mamífero do grupo dos fisípedes.
    3. s m pl Grupo de mamíferos, da orde dos carnívoros, que se caracteriza por posuír separados os dedos dos pés. Son terrestres e presentan os dentes caninos moi afiados. Inclúe aos cánidos, félidos, úrsidos e mustélidos, entre outos.

Formas incorrectas

fisípedo -da