smCorpo poroso a través do que se fai pasar un fluído para que permanezan retidas as partículas sólidas que este ten en suspensión.
smPeza en forma de tubo, normalmente elaborada en materiais sintéticos, onde se encaixa o cigarro, que filtra o fume.
smQUÍMAparato que se emprega na filtración.
filtro de aceiteAparato que se emprega para filtrar e rexenerar o aceite de lubrificación dos motores de combustión.
filtro de aireAparato que se emprega para eliminar as impurezas contidas no aire da combustión dos motores.
filtro de combustibleAparato que se emprega para eliminar as impurezas que contén o combustible dun motor de combustión.
filtro de membranaMICROBMembrana artificial de porosidade determinada que se utiliza para separar ou reter microorganismos, partículas ou moléculas dun tamaño determinado.
sm
Dispositivo ou calquera materia que permita o paso dunhas radiacións ou frecuencias determinadas.
TECNOLDispositivo ou circuíto cuadripolar que se emprega para seleccionar sinais de frecuencias diferentes, consistente nunha liña artificial capaz de transmitir sen dificultade os sinais dunha banda de frecuencia e de atenuar os doutras frecuencias.
FÍS/LINGDispositivo empregado en espectrografía que permite o paso dunha gamma frecuencial específica para analizar fisicamente a onda composta da fala.
IND/ARTE
smAccesorio de cristal ou plástico que se lle engade ao obxectivo para alterar a calidade ou a cor dunha imaxe.
factor de filtroNúmero polo que se debe multiplicar a lectura de exposición sen filtro para conseguir a mesma exposición cando se emprega este.
filtro neutroFiltro gris empregado para corrixir os niveis de luz nas cámaras con abertura fixa ou para poder empregar unha grande abertura cunha luz moi intensa.
filtro polarizadorFiltro que pode bloquear ou crear luz polarizada.
filtro UVFiltro que absorbe as lonxitudes de onda ultravioleta eliminando a néboa.
filtros de contrasteFiltros para películas de branco e negro que se empregan para escurecer ou aclarar cores concretas e proporcionar un maior contraste.
filtros de conversión de cor/equilibradores da corFiltros que se empregan para axustar o tipo de película coa fonte de luz.
filtros de correcciónFiltros pálidos empregados para corrixir dominantes da cor.
sm p extElemento ou medio que ten a facultade de filtrar.
smLINGResoador fisiolóxico que, ao intensificar diversas frecuencias de onda complexa procedentes da larinxe, determina a disposición relativa dos formantes constitutivos e, con iso, o timbre característico de cada realización fonemática.
Citas
Cambioulle o filtro á cafeteira
Tiveron que salvar moitos filtros administrativos ata que lle admitiron a reclamación, Naqueles tempos moitos libros non pasaban o filtro da censura