filosofía

< lat philosophia gr ϕ ιλοσο ϕ ία
Plural: filosofías
  1. FILOS
    1. s f Ciencia universal que reflexiona dun xeito racional e crítico sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, e que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas.
    2. filosofía da ciencia Disciplina filosófica que trata de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico.
    3. filosofía da historia Disciplina filosófica que trata de establecer a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.
    4. filosofía da linguaxe Disciplina filosófica que trata de aclarar as relacións entre o pensamento e a fala, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.
    5. filosofía da relixión Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais.
  2. s f FILOS Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia e que se dividen en dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental.
  3. s f Forma de pensar ou de entender alguén o mundo e a vida.
  4. s f p ext Tranquilidade ou serenidade do ánimo ante as vicisitudes da vida.

Citas

  • A filosofía da empresa era chegar a un consenso cos traballadores
  • A súa filosofía consistía en gastar todo o que gañaba
  • Tes que tomar as cousas con filosofía