filipe

< antropónimo Filipe
Plural: filipes
  1. s m NUMIS Moeda de ouro borgoñona cuñada polo duque Filipe III o Bo durante o seu goberno (1419-1467).
  2. s m NUMIS Moeda de prata que se cuñou en Milán nos reinados dos reis Filipe da dinastía de Austria.
  3. filipe taler NUMIS Moeda de prata que se cuñou en numerosas cecas dos Países Baixos durante o reinado de Filipe II.