alongador -ra

< alongar
Plural: alongadores Masculino: alongador Masculino plural: alongadores Feminino: alongadora Feminino plural: alongadoras
  1. adx Que alonga.
  2. s m QUÍM Instrumento de laboratorio que consiste, esencialmente, nun tubo de vidro aguzado que se adapta ao colo dun balón e que se utiliza nas destilacións para facer pasar o destilado do refrixerante ao colector.
  3. s m TECNOL Peza que serve para aumentar a lonxitude dun órgano, dun aparello ou dunha estrutura.

Citas

  • Colle ese cable alongador e tenta conectalo para poñer en marcha o aspirador

Palabras veciñas