fiducia

< lat fiducĭa ‘confianza’
Plural: fiducias
  1. s f DER Pacto polo que, no dereito romano, se recibía unha cousa moble, inmoble, semovente ou un escravo, coa obriga de cedela de novo a un terceiro ou ben cumprir outra obriga similar.
  2. s f DER Pacto polo que unha persoa lle concede a outra a titularidade dun ben ou dun dereito cunha finalidade determinada que só as partes coñecen.