fenotipo

< feno- + tipo
Plural: fenotipos
  1. s m XEN Conxunto de caracteres visibles que un organismo presenta como resultado da interacción entre o conxunto dos seus xenes (xenotipo) e o medio natural no que se localiza o organismo.
  2. s m LING Realización concreta dun obxecto sintáctico abstracto, o xenotipo, segundo o lingüista Šaumjan. A distinción na lingua dun nivel xenotípico relaciónase coa teoría da actuación e competencia, de Noam Chomsky.