fenómeno

< lat phaenomĕnon gr ϕ αινόμενον ‘que aparece’
Plural: fenómenos
  1. s m
    1. Aquilo que se aparece ou se manifesta e que é obxecto do coñecemento.
    2. Suceso de calquera tipo.
    3. FILOS Cousa captada pola sensibilidade que pode ser explicado pola ciencia.
  2. s m Persoa ou cousa que presenta calidades extraordinarias ou fóra do común.
  3. s m Ser que presenta algún tipo de anormalidade.

Sinónimos

Citas

  • Atoparon unha árbore que polas súas características é un fenómeno
  • No equipo hai un xogador que é un fenómeno
  • O aumento da violencia é un fenómeno preocupante para a sociedade
  • Os fenómenos meteorolóxicos adversos poden provocar accidentes