fenol

< fen- + -ol
Plural: fenois
  1. s m QUÍM Cada un dos compostos orgánicos que conteñen un (monofenois) ou varios (polifenois) grupos hidroxilo unidos a átomos de carbono dun anel bencénico ou de calquera outro ciclo aromático.
  2. s m QUÍM Derivado monohidroxilado do benceno que se emprega na obtención de resinas sintéticas, na produción de nailon e determinados herbicidas e na preparación do ácido salicílico e da fenolftaleína. OBS: Tamén se denomina ácido fénico ou ácido carbólico.