felo

< occit antigo felnia ‘furor, cólera’
Plural: felos
  1. s m Personaxe característico de certas celebracións como a vendima ou o Entroido. Adoita ir coa cara enfeluxada e leva un vergallo para asustar os nenos e perseguir as mozas.
  2. s m Máscara de montar a cabalo, típica do Entroido en vilas como Allariz, Castro Caldelas ou Celanova.
  3. s m pl Acenos feitos coa cara cos que se fai mofa de alguén.