feira

< lat ferĭa ‘día de festa’
Plural: feiras
    1. s f Mercado público, polo xeral ao aire libre, cun lugar e data determinados no que se compran e venden mercadorías.
    2. s f HIST Reunión periódica de comerciantes e mercadores protexidos polo poder público para comprar, vender e intercambiar produtos agrícolas e manufacturados.
  1. s f Exhibición periódica de empresas, fabricantes ou ofertantes dun determinado produto ou servizo, que se realiza en espazos amplos, ao aire libre ou en pavillóns construídos para o efecto.
    1. s f Día da semana, agás o sábado e o domingo.
    2. corta/cuarta feira mércores.
    3. quinta feira xoves.
    4. segunda feira luns.
    5. sexta feira venres.
    6. terceira feira martes.

Citas

  • As veciñas do sexto fixeron unha feira que non nos deixarou durmir
  • Había unha feira de xornalistas esperando ao actor
  • Marcharon a Sevilla a coñecer a Feira de Abril
  • O tres e o dezaoito de cada mes celébrase a feira local
  • Organizaron unha feira para amosar os adiantos en maquinaria agrícola, A Feira do Libro estará en Vigo unha semana

Frases feitas

  • Facer boa/mala feira. Tirar ou non bo proveito nun negocio.
  • Ir cos da feira e vir cos do mercado. Apl
  • Revolver a feira. Facer que haxa discordia.

Refráns

  • A ganancia e a lace ira corren de feira en feira.
  • Boi que non vai á feira, non pode ter venda.
  • Na feira de Vilaverde o que máis pon máis perde.