sfElevación anormal da temperatura do corpo a causa dun trastorno na súa regulación. Os mecanismos polos que se produce a febre relaciónanse coas agresións contra o organismo e cos propios axentes causantes da agresión.
febre aftosaEnfermidade vírica do gando, fundamentalmente do bovino e do ovino, que se pode transmitir ao home, por contacto directo ou por inxestión do leite destes animais.
febre álxidaFebre que comporta dores difusas, como cefalalxias ou mialxias, ou ben localizadas.
febre amarela/de SiamEnfermidade vírica aguda e febril que se transmite pola picadura dos mosquitos da especie Aedesaegypi. É orixinaria de África Occidental e endémica en moitos lugares de América tropical e África.
febre das trincheirasEnfermidade infecciosa febril, que se transmite polos piollos, que foi endémica-epidémica nas frontes de combate de ambas as guerras mundiais. OBS: Tamén se denomina enfermidadedeWerner-His.
febre de Malta/melitense/do MediterráneoBrucelose causada pola bacteria Brucellamelitensis, endémica en todo o litoral mediterráneo, que se transmite habitualmente das ovellas ou das cabras ao home por medio do leite, do queixo, da carne ou doutros produtos obtidos destes animais.
febre disentéricaFebre perniciosa con accidentes intestinais disentéricos.
febre do feoFebre que se presenta anualmente ao aproximarse a primavera ou o verán debido ao pole en individuos hipersensibilizados.
febre do leite condensado/do leite en poHipertermia que se observa nalgúns nenos alimentados con leite condensado ou con leite en po debido á insuficiencia de cantidade de auga que se emprega para diluír os diferentes tipos de leite.
febre eruptivaGrupo de enfermidades xerais infecciosas que, nas formas típicas, evolucionan cun exantema peculiar que ofrece trazos propios en cada unha. Son contaxiosas e deixan inmunidade perdurable, como a escarlatina ou o sarampelo.
febre ganglionarmononucleoseinfecciosa.
febre histéricaElevacións irregulares da temperatura sen síntomas xerais, que se observan algunhas veces nalgúns pacientes afectados de histeria.
febre nerviosaFebre dependente dun trastorno funcional primitivo do sistema nervioso.
febre perniciosaPaludismo con síntomas graves, de curso rápido, que algunhas veces remata coa morte nos primeiros accesos.
febre puerperalEstado febril con fenómenos xerais máis ou menos graves, que van desde unha simple metrite a unha infección purulenta e septicemia que se pode presentar despois dun parto ou dun aborto como consecuencia dunha infección uterina producida por diversos xermes, especialmente estreptococos.
febre recorrenteEnfermidade infecciosa, epidémica e contaxiosa, que se produce por espiroquetas do xénero Borrelia e que se transmite por piollos e chinches.
febre reumáticaEnfermidade que se presenta como complicación inflamatoria non supurativa dunha infección por un estreptococo hemolítico. OBS: Tamén se denomina reumatismopoliarticularagudo.
febre tifoideEnfermidade infecciosa que se debe ao bacilo de Eberth. O axente causal está nas deposicións e transmítese pola auga e os alimentos ou por contaxio directo.