sfPos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, principalmente o trigo, o centeo e o millo, e que ten como compoñentes principais o amidón e o glute.
fariña centeaFariña de centeo.
fariña integralFariña á que non se lle quita o farelo.
fariña millaFariña de millo.
fariña trigaFariña de trigo.
sfPo ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.
fariña de liñoMEDPos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.
fariña de peixeAlimento para o gando que se obtén de esfaragullar peixes previamente desecados.
fariña glaciariaXEOLMaterial morénico de textura fina que se orixina pola forte fricción que xera o paso do glaciar.
sfPos que se obteñen por diferentes métodos.
fariña lácteaALIMMestura de fariña de cereais ou de legumes transformada parcialmente en maltosa e dextrina que se emprega en dietética infantil como alimento de tránsito entre a lactancia e a alimentación integral.
sf colDroga, especialmente de baixa calidade.
Frases feitas
2 Estar metido de cheo nun asunto.
Refráns
Fai boa fariña e non toques a buguina.
Fariña abalada, que non cha vexa sogra nin cuñada.