falanxe

< lat phalānge gr ϕ άλαγξ
Plural: falanxes
  1. s f POLÍT Organización política de carácter autoritario e estrutura paramilitar.
  2. s f HIST Formación de combate da infantaría grega constituída en Macedonia por Arquelao e Filipo II, que se caracterizaba pola súa dureza no ataque.
  3. s f Conxunto de persoas unidas nunha certa orde para acadar un determinado fin.
  4. s f ANAT
    1. Cada un dos pequenos ósos alongados que forman o esqueleto dos dedos da man ou do pé.
    2. Óso situado entre o metacarpiano, no caso da man, ou o metatarsiano, no caso do pé, e a falanxina.
  5. s f POLÍT Unidade laboral integrada polas familias que habitan un falansterio.