fala

Plural: falas
  1. LING
    1. s f Habilidade verbal individual en que se materializa a capacidade lingüística común a todos os seres humanos.
    2. fala bilingüe Actualización de dúas linguas distintas nunha mesma conversa por parte de falantes con competencia bilingüe.
    3. fala telegráfica Produción lingüística dos nenos formada por oracións correctas desde o punto de vista da orde de elementos, pero moi sinxelas sintacticamente e carentes de palabras de relación básicas.
  2. s f LING ariedade lingüística asociada a unha área xeográfica ou a un grupo social.
  3. s f LING Lingua natural propia dunha comunidade humana.
  4. s f
    1. Acción de falar.
    2. Maneira peculiar de falar unha persoa.