almanaque

< ár al-manāj lat manāchu ‘círculo dos meses’
Plural: almanaques
  1. s m Conxunto de follas en que se rexistran a totalidade dos días do ano acompañado de datos astronómicos, prognósticos meteorolóxicos e datos das festas e feiras.
  2. almanaque náutico MAR Publicación en que se atopan tabulados en función do día, hora e meridiano de Greenwich, todos os elementos variables dos astros que son necesarios para a navegación astronómica.
  3. almanaque aéreo AERON Almanaque náutico adaptado ás necesidades da navegación aérea.

Sinónimos

Confrontacións

Palabras veciñas