facies

< lat facĭes ‘cara’
Plural: facieses
  1. s f Aspecto xeral de algo.
  2. PAT
    1. s f Expresión da cara nas enfermidades.
    2. facies adenoide Aspecto da cara dos nenos con vexetacións adenoides que manteñen a boca aberta.
    3. facies hipocrática Cara profundamente alterada, demacrada e cianótica, que indica a proximidade da morte.
    4. facies leonina Cara voluminosa e de faccións duras que se observa en certas formas de lepra.
  3. s f XEOL
    1. Conxunto de características litolóxicas ou paleontolóxicas que definen unha unidade de rocha e que permiten identificala.
    2. Asociación de minerais que compoñen unha rocha metamórfica e que reflicten as condicións de formación.
  4. s f PREHIST Conxunto de peculiaridades da talla nas industrias líticas.
  5. facies arqueolóxica ARQUEOL Sucesión de estratos que permite testemuñar a existencia dunha secuencia cultural completa.
  6. facies cultural ARQUEOL Conxunto de características e de manifestacións dunha cultura.