sfPLANTAPlanta herbácea, da familia das fabáceas, anual e gabeadora, que presenta talos delgados e febles, raíces superficiais, follas estipuladas e trifolioladas, inflorescencia en acios axilares ou terminais con flores brancas, amarelas, rosadas, violetas ou púrpuras. Os froitos son vaíñas lineares máis ou menos comprimidas, algo curvadas.
sfBOTFroito das plantas da familia das fabáceas.
sfBOTSemente das plantas da familia das fabáceas.
sfHISTCada unha das boliñas brancas ou negras con que se fan as votacións nalgunhas asociacións ou institucións.